miércoles, 24 de febrero de 2021
As novas tecnoloxías e a educación
martes, 23 de febrero de 2021
Alberto Rivas - Presentación
O meu nome é Alberto, teño 24 anos e son de Pontecesures, aínda que actualmente estudo e vivo en Pontevedra.
Compaxino os meus estudos de Educación Primaria coa militancia e a actividade política, que é unha das miñas grandes paixóns na vida. Son un rapaz cuns valores moi marcados e que nunca renuncia a eles, moi comprometido coas causas sociais, e por iso decidín ser docente.
Outra cousa que me fai desfrutar é o deporte, tanto velo como practicalo, individualmente ou de forma colectiva. O fútbol, o pádel e o esquí son cos que mellor mo paso. Tamén estou moi interesado na cultura, gústame moito o mundo audiovisual, a música, a fotografía, a pintura e a arquitectura. Ten relación con que adore viaxar e descubrir cousas novas, costumes diferentes e todo tipo de gastronomía; pero lamentablemente viaxo moito menos do que me gustaría, sobre todo por falta de tempo libre.
Xabier Soutullo - Presentación
Hola a todos e todas, o meu nome é Xabier, teño 20 anos e son de Vigo, aínda que actualmente resido en Pontevedra debido aos meus estudos. Non é a miña primeira experiencia universitaria, xa que o ano pasado comecei a cursar Dereito na Universidade de Santiago.
A importancia que para min ten a docencia, fixo que decidise escoller este camiño. Axudar a nenas e nenos a que tomen as mellores decisións posibles e colaborar na súa educación para que se desenvolvan da mellor maneira posible, paréceme unha das actividades máis importantes que ten que realizar o ser humano.
O deporte ocupa moito do meu tempo libre, tanto velo como practicalo. Levo 14 anos xogando ao balonmán, a miña maior paixón, e co cal vivín as mellores experiencias que recordo no pouco que levo de vida. Dende hai uns anos tamén adestro nenos, o que potenciu o meu interés pola docencia.
Unha das asignaturas pendentes que teño é viaxar máis. Encantame coñecer novos lugares e novas culturas, mais a pouca dispoñibilidade de tempo sumado a outros factores impiden que non poida realizar todas as viaxes que me gustarían.
Polo demais son un rapaz normal. Quedar cos meus amigos, ver series ou ler son outras das actividades que me gustan. Se tivese que destacar algo de min que os meus coñecidos descoñecen maís, sería o gusto por probar gastronomías doutros países, como parte do meu interés pola diversidade cultural.
miércoles, 17 de febrero de 2021
Para unha vida saudable
Ola a todos e a todas, somos Maite, Alberto e Xabier, tres estudantes de educación primaria que consideramos
necesario promover, tanto nos nenos e nenas como nas súas familias, hábitos saudables
para unha vida de calidade.
A través deste blog pretendemos presentarvos o noso proxecto "Para unha vida saudable" o cal, dun xeito achegado, sinxelo e
ameno aportae información e recomendacións para concienciar da importancia duns
hábitos de vida saudables durante a infancia. Trataremos entre outros os seguintes
temas:
· 1. Alimentación sana e equilibrada, esencial
para un bo desenvolvemento, así como a importancia de ter horarios de comida
regulares e a inxesta de alimentos de todos os tipos.
2. Beber auga, preciso para eliminar toxinas, manter os órganos hidratados, a temperatura corporal e o rendemento físico e cognitivo.
· 4. Exercicio físico, para prever problemas de
saude, favorecer o desenvolvemento e mellorar a capacidade de concentración, así como
o estado de ánimo. É positivo organizar actividades ó aire libre en familia para
disfrutar todos xuntos.
· 5. Descanso, é importante durmir unhas oito
horas diarias para que a mente e o corpo poidan descansar, fundamental para un
bo desenvolvemento.
· 6. Reducir as horas de tablets e smartphones,
sabendo que o ideal é non exceder as dúas horas, xa que un uso excesivo das mesmas
pode acabar en problemas de espalda ou de vista.
lunes, 15 de febrero de 2021
Maite Sierra - Presentación
Chámome Maite, teño 37 anos e aínda que vivo en Pontevedra, son dunha pequena aldea que pertence ó concello de Campo Lameiro.
Levo anos taballando como técnico de aduanas pero fai xa algún tempo decidín facer un cambio na miña vida e tentar adicarme a aquilo que verdadeiramente me apaixona, por iso estou estudando Educación Primaria.
Adoro viaxar; xa sexan grades aventuras onde se da un cambio de cultura ou simplemente descubir un sito novo, unha paisaxe bonita aquí pertiño.
Gústame ler, os festivais, o cine e o teatro, actividade que practiquei durante algún tempo e que supoño me axudou a mellorar algo a miña timidez. E non sei se está relacionado ou non, pero sen dúbida a miña data favorita do ano é entroido, encántame disfrazarme!
Por último falarvos do meu gusto pola música. Son pandereteira e bailadora, estou namorada da nosa terra, da nosa cultura, da nosa tradición.
-
Hoxe queremos compartir con vos dúas actividades moi sinxeliñas relacionadas como sempre cós hábitos saudables. Foron creadas para o alumnad...
-
Bos días a tod@s! Hoxe deixamos por aquí o enlace a nosa secuencia didáctica, na cal atoparedes tres das actividades realizadas ao longo do...