Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2021

Secuencia didáctica

 Bos días a tod@s!

Hoxe deixamos por aquí o enlace a nosa secuencia didáctica, na cal atoparedes tres das actividades realizadas ao longo do cuatrimestre. 

Pinchade no link para obter a información.

https://docs.google.com/document/d/1k3L9PEvv_yM08hcoCHbNNheKoY61vI5jslVEuFk1ujA/edit

A avoa Ramona

Hoxe queremos ensinarvos o proxecto STEAM feito co Beebot no que estivemos traballando. 


A avoa Ramona como cada sábado vai facer a compra, mais magouse nun brazo e precisará axuda coas bolsas. 

    Gustaríache acompañala e axudala? 

                                                        Que irá mercar? 

                                                                                    Non tes curiosidade? 

        

Co rico que cociña a avoa eu morro por saber e por probar o que fará! Se ti tamén tes curiosidade, clica no video e desfruta do contido.



martes, 9 de marzo de 2021

Wordwall

Bo día rapaces e rapazas!

Nos hoxe espertamos con moita enerxía, e por iso compartimos con vos esta actividade. Será preciso ser rápidos e estar moi atentos, anivádesvos?  

Golpea os alimentos para un almorzo saudable
Pinchade no link e comezade a xogar, trátase de golpear ás toupiñas que leven a foto dun alimento saudable para o almorzo. 

Ollo: lembrade que na vida real non debemos golpear os animais.  

 

Esta actividade diseñouse para terceiro de primaria dentro da área de ciencias naturais. 

Educaplay

Hoxe queremos compartir con vos dúas actividades moi sinxeliñas relacionadas como sempre cós hábitos saudables. Foron creadas para o alumnado de terceiro de primaria dentro da área de ciencias naturais.  

Esta primeira trátase dunha sopa de letras na que deberedes atopar as palabras que se vos indican. Cóñededes o seu significado? Saberíades poñer exemplos? Xogade e comentáde cos compañeiros e coa familia!

Atopa os nutrientes


Baila ó son dos habitos saudables 

Nesta segunda actividade poderedes bailar ó ritmo dos nosos simpáticos amigos o tema "habitos". Escoitade, cantade, bailade e respostade a unhas preguntas sinxeliñas. Disfrutade! 

  

miércoles, 24 de febrero de 2021

As novas tecnoloxías e a educación

As novas tecnoloxías son parte do noso día a día, e pouco a pouco van ocupando moitos dos ámbitos da vida das persoas.  No caso da educación, na actualidade atopamos cada vez máis recursos tecnolóxicos nas aulas que aumentan as posibilidades para os docentes. Para nos, incluír o uso das novas tenoloxías a día de hoxe debería ser indispensable, non só polo feito de que son unha fonte de recursos moi ampla, se non porque na sociedade actual, as novas tecnoloxías son parte indispensable en prácticamente todos os ámbitos sociais, polo que empregalas axudará a educar aos nenos e nenas nun uso correcto destas. 

De todos modos, non consideramos que o simple feito de empregar recursos tecnolóxicos vaia a mellorar a educación dos alumnos e alumnas, xa que un uso incorrecto pode levar a unha mala calidade da educación, debido a ralentización das clases ou polo emprego de fontes e recursos incorrectos.

Tampouco se debería de valorar a labor dun profesor polo emprego ou non de tecnoloxías na ensinanaza. Se ben é certo que un bo emprego destas pode subir a calidade da ensinanza de maneira sustancial, non empregalas non implica unha mala educación. Un bo docente é capaz de dar unha boa clase con ou sen tecnoloxías, e evaluar a este so debería depender da súa capacidade para transmitir aos nenos e nenas e no cumprimento ou non dos obxectivos plantexados.

Polo tanto, apostamos polas novas tencoloxías como medio para lograr unha educación de calidade, mellorada con infinidade de recursos tecnolóxicos. Ademais, nas aulas das escolas e centros educativos cada vez atopamos máis recursos, como poden ser os exemplos das pizarras dixitais e os proxectores. que están moi presentes na actualidade. Tamén temos que ter en conta que moitas veces, o emprego destes recursos leva a un maior interés dos nenos e nenas, o cal favorece ao obxectivo de mellorar a educación.

Infografía