Mostrando entradas con la etiqueta Alberto Rivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alberto Rivas. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2021

Secuencia didáctica

 Bos días a tod@s!

Hoxe deixamos por aquí o enlace a nosa secuencia didáctica, na cal atoparedes tres das actividades realizadas ao longo do cuatrimestre. 

Pinchade no link para obter a información.

https://docs.google.com/document/d/1k3L9PEvv_yM08hcoCHbNNheKoY61vI5jslVEuFk1ujA/edit

A avoa Ramona

Hoxe queremos ensinarvos o proxecto STEAM feito co Beebot no que estivemos traballando. 


A avoa Ramona como cada sábado vai facer a compra, mais magouse nun brazo e precisará axuda coas bolsas. 

    Gustaríache acompañala e axudala? 

                                                        Que irá mercar? 

                                                                                    Non tes curiosidade? 

        

Co rico que cociña a avoa eu morro por saber e por probar o que fará! Se ti tamén tes curiosidade, clica no video e desfruta do contido.



martes, 20 de abril de 2021

Os xogos "Movidos"


Estes días andivemos a pensar na maneira de practicar algo máis de actividade física diariamente. 
Porque xa todos sabedes dos moios beneficios que ten a práctica dunha actividade física moderada na nosa vida, non? 

Se non é así, podedes ver o seguinte vídeo para facervos unha idea. 




Pois ben, logo de moito cavilar e cavilar ..... 

                                                             ... velaiquí a nosa idea: IMOS XOGAR!

Deixámosche a continuación o enlace a unha páxina onde atoparás toda a información e unha gran recopilación de xogos dinámicos. Mira detidamente na pestana de recursos.

RECOLLEITA DE XOGOS


E así, dun xeito sinxelo e divertido daraslle algo máis de movemento ó teu día! 

Que te divirtas!



martes, 9 de marzo de 2021

Educaplay

Hoxe queremos compartir con vos dúas actividades moi sinxeliñas relacionadas como sempre cós hábitos saudables. Foron creadas para o alumnado de terceiro de primaria dentro da área de ciencias naturais.  

Esta primeira trátase dunha sopa de letras na que deberedes atopar as palabras que se vos indican. Cóñededes o seu significado? Saberíades poñer exemplos? Xogade e comentáde cos compañeiros e coa familia!

Atopa os nutrientes


Baila ó son dos habitos saudables 

Nesta segunda actividade poderedes bailar ó ritmo dos nosos simpáticos amigos o tema "habitos". Escoitade, cantade, bailade e respostade a unhas preguntas sinxeliñas. Disfrutade! 

  

jueves, 25 de febrero de 2021

A nosa relación coa tecnoloxía

Xa que estamos nun medio tecnolóxico, decidimos facer esta entrada para falarvos brevemente da nosa propia experiencia coas tecnoloxías.  
                                                                                                                                                   Eu son Maite, a maior do grupo, e teño que recoñecer que a tecnoloxía en xeral non se me da demasiado ben. 

Cursei a educación primaria nunha escola rural e agora cavilando, non teño o recordo de ver nen sequera un ordenador no colexio ou no fogar dalgún coñecido por aquela época. O que sí recordo é acompañar a meus pais alguha que outra vez ó único teléfono fixo que había na aldea onde vivíamos para falar con algún familiar que estaba no estranxeiro. Tamén recordo perfectamente o momento no que o teléfono se instalou na nosa casa. Canto cambiaron as cousas, verdade?

Hoxe vou acompañada do meu mobil todo o día e a todas partes, moitas das veces escoitando música, traballo oito horas diante dun ordenador con dúas pantallas e logo, xa na casa, estudo ou vexo unha serie no portátil.
Sen dúbida a tecnoloxía trouxo moitas vantaxes ás nosas vidas, unha delas é o acceso á información dunha maneira rápida é sinxela, eu de cativa pasaba horas buscando en enormes enciclpedias o que agora atopo con unha sinxela búsqueda en Google.


Agora tócame falar a min, Xabier, o pequeno do grupo. A diferencia de Maite, eu cursei a educación primaria nunha escola urbana, no barrio obreiro de Coia (Vigo). A tecnoloxía si que estivo presente na miña educación, xa que en terceiro ou cuarto de primaria, a miña escola apostou forte polas novas tecnoloxías, e todas as aulas pasaron a contar cun ordenador, un proxector e unha pantalla táctil. Estes medios resultaron moi importantes na escola, xa que estaban presentes en todas as clases e certamente aportaron un toque distinto ao cal non estabamos adecuados. 



Ademais dende pequeno sempre contei na miña casa cun ordenador e co teléfono. Polo que non foi algo novo para min atoparme cun ordenador en clase. Con 12 anos obtiven o meu primeiro teléfono, e a día de hoxe é unha ferramenta indispensable na miña vida.

Realmente,  considero imprescindible o uso destas tecnoloxías no meu día a día. Emprégoas para traballar, para o meu ocio persoal, para estudar ou para me comunicar, polo que no que a min respecta, as novas tecnoloxías parécenme das cousas máis útiles e importantes que a nosa sociedade inventou. Ademáis, creo que o uso das tecnoloxías salváronme en parte da cuarentena. Vivindo nun piso pequeno sen posibilidade de saír a calle, o feito de poder comunicarme cos meus amigos, ver seeries e películas ou xogar a algo fixeron algo máis levadeiro o peche.



Eu son Alberto, e a miña relación coa tecnoloxía na escola foi prácticamente inexistente.





Estudei no CPI de Pontecesures, onde os recursos tecnolóxicos eran escasos, máis aló dun aula de informática con poucos ordenadores e bastante obsoletos. Logo había algunhas clases con proxector, pero utilizábase moi pouco. 
Na miña casa non houbo ordenador ata que eu tiven 12 ou 13 anos, pero non o utilicei demasiado para tarefas de clase máis aló dos procesadores de texto ou presentacións, xa que non tiña internet.

Logo comecei o bacharelato no IES Camilo José Cela de Padrón, onde xa había algo máis de recursos. Nas aulas había proxectores e un ordenador que utilizaba o profesor. Era bastante recurrente que nos puxeran vídeos, presentacións ou documentais para apoiar as explicacións. Tamén había un aula de informática na que tiñamos (de optativa) a materia de TIC.

A partir desta etapa, xa comecei a usar teléfono móbil a diario, empezaron a normalizarse as tarifas de internet e comecei a depender cada vez máis del. Tamén se puxo internet na miña casa, algo que fixo máis accesible a información. 
Penso que é importante educar nas novas tecnoloxías e normalizar o seu uso, pero é moi complicado facelas chegar a todas as persoas nos seus fogares. Hai que adaptar dende as institucións este cambio á era dixital á realidade das familias, que poden ter poucos recursos, ter unha limitada conexión no rural, e moitos outros factores.



miércoles, 24 de febrero de 2021

As novas tecnoloxías e a educación

As novas tecnoloxías son parte do noso día a día, e pouco a pouco van ocupando moitos dos ámbitos da vida das persoas.  No caso da educación, na actualidade atopamos cada vez máis recursos tecnolóxicos nas aulas que aumentan as posibilidades para os docentes. Para nos, incluír o uso das novas tenoloxías a día de hoxe debería ser indispensable, non só polo feito de que son unha fonte de recursos moi ampla, se non porque na sociedade actual, as novas tecnoloxías son parte indispensable en prácticamente todos os ámbitos sociais, polo que empregalas axudará a educar aos nenos e nenas nun uso correcto destas. 

De todos modos, non consideramos que o simple feito de empregar recursos tecnolóxicos vaia a mellorar a educación dos alumnos e alumnas, xa que un uso incorrecto pode levar a unha mala calidade da educación, debido a ralentización das clases ou polo emprego de fontes e recursos incorrectos.

Tampouco se debería de valorar a labor dun profesor polo emprego ou non de tecnoloxías na ensinanaza. Se ben é certo que un bo emprego destas pode subir a calidade da ensinanza de maneira sustancial, non empregalas non implica unha mala educación. Un bo docente é capaz de dar unha boa clase con ou sen tecnoloxías, e evaluar a este so debería depender da súa capacidade para transmitir aos nenos e nenas e no cumprimento ou non dos obxectivos plantexados.

Polo tanto, apostamos polas novas tencoloxías como medio para lograr unha educación de calidade, mellorada con infinidade de recursos tecnolóxicos. Ademais, nas aulas das escolas e centros educativos cada vez atopamos máis recursos, como poden ser os exemplos das pizarras dixitais e os proxectores. que están moi presentes na actualidade. Tamén temos que ter en conta que moitas veces, o emprego destes recursos leva a un maior interés dos nenos e nenas, o cal favorece ao obxectivo de mellorar a educación.

martes, 23 de febrero de 2021

Alberto Rivas - Presentación

O meu nome é Alberto, teño 24 anos e son de Pontecesures, aínda que actualmente estudo e vivo en Pontevedra.

Compaxino os meus estudos de Educación Primaria coa militancia e a actividade política, que é unha das miñas grandes paixóns na vida. Son un rapaz cuns valores moi marcados e que nunca renuncia a eles, moi comprometido coas causas sociais, e por iso decidín ser docente.

Outra cousa que me fai desfrutar é o deporte, tanto velo como practicalo, individualmente ou de forma colectiva. O fútbol, o pádel e o esquí son cos que mellor mo paso. Tamén estou moi interesado na cultura, gústame moito o mundo audiovisual, a música, a fotografía, a pintura e a arquitectura. Ten relación con que adore viaxar e descubrir cousas novas, costumes diferentes e todo tipo de gastronomía; pero lamentablemente viaxo moito menos do que me gustaría, sobre todo por falta de tempo libre.

miércoles, 17 de febrero de 2021

Para unha vida saudable

 

Ola a todos e a todas, somos Maite, Alberto e Xabier, tres estudantes de educación primaria que consideramos necesario promover, tanto nos nenos e nenas como nas súas familias, hábitos saudables para unha vida de calidade. 

A través deste blog pretendemos presentarvos o noso proxecto "Para unha vida saudable" o cal, dun xeito achegado, sinxelo e ameno aportae información e recomendacións para concienciar da importancia duns hábitos de vida saudables durante a infancia. Trataremos entre outros os seguintes temas:

·      1. Alimentación sana e equilibrada, esencial para un bo desenvolvemento, así como a importancia de ter horarios de comida regulares e a inxesta de alimentos de todos os tipos.

Hábitos de vida saudables para crianzas: tren dos alimentos por orde de importancia de esquerda a dereita

2. Beber auga, preciso para eliminar toxinas, manter os órganos hidratados, a temperatura corporal e o rendemento físico e cognitivo.


3. 
Hixiene persoal, por exemplo a importancia de lavar as mans antes e despois de ir ó baño ou esbirrar para evitar enfermidades infecciosas ou o hábito de cepillar os dentes. 

Hábitos de vida saudables: a importancia da hixiene

·        4.  Exercicio físico, para prever problemas de saude, favorecer o desenvolvemento e mellorar a capacidade de concentración, así como o estado de ánimo. É positivo organizar actividades ó aire libre en familia para disfrutar todos xuntos.  

Hábitos de vida saudables: a importancia do exercicio físico

·         5. Descanso, é importante durmir unhas oito horas diarias para que a mente e o corpo poidan descansar, fundamental para un bo desenvolvemento. 

Hábitos de vida saudables: irse a durmir

·      6.   Reducir as horas de tablets e smartphones, sabendo que o ideal é non exceder as dúas horas, xa que un uso excesivo das mesmas pode acabar en problemas de espalda ou de vista. 











Infografía