jueves, 25 de febrero de 2021

A nosa relación coa tecnoloxía

Xa que estamos nun medio tecnolóxico, decidimos facer esta entrada para falarvos brevemente da nosa propia experiencia coas tecnoloxías.  
                                                                                                                                                   Eu son Maite, a maior do grupo, e teño que recoñecer que a tecnoloxía en xeral non se me da demasiado ben. 

Cursei a educación primaria nunha escola rural e agora cavilando, non teño o recordo de ver nen sequera un ordenador no colexio ou no fogar dalgún coñecido por aquela época. O que sí recordo é acompañar a meus pais alguha que outra vez ó único teléfono fixo que había na aldea onde vivíamos para falar con algún familiar que estaba no estranxeiro. Tamén recordo perfectamente o momento no que o teléfono se instalou na nosa casa. Canto cambiaron as cousas, verdade?

Hoxe vou acompañada do meu mobil todo o día e a todas partes, moitas das veces escoitando música, traballo oito horas diante dun ordenador con dúas pantallas e logo, xa na casa, estudo ou vexo unha serie no portátil.
Sen dúbida a tecnoloxía trouxo moitas vantaxes ás nosas vidas, unha delas é o acceso á información dunha maneira rápida é sinxela, eu de cativa pasaba horas buscando en enormes enciclpedias o que agora atopo con unha sinxela búsqueda en Google.


Agora tócame falar a min, Xabier, o pequeno do grupo. A diferencia de Maite, eu cursei a educación primaria nunha escola urbana, no barrio obreiro de Coia (Vigo). A tecnoloxía si que estivo presente na miña educación, xa que en terceiro ou cuarto de primaria, a miña escola apostou forte polas novas tecnoloxías, e todas as aulas pasaron a contar cun ordenador, un proxector e unha pantalla táctil. Estes medios resultaron moi importantes na escola, xa que estaban presentes en todas as clases e certamente aportaron un toque distinto ao cal non estabamos adecuados. 



Ademais dende pequeno sempre contei na miña casa cun ordenador e co teléfono. Polo que non foi algo novo para min atoparme cun ordenador en clase. Con 12 anos obtiven o meu primeiro teléfono, e a día de hoxe é unha ferramenta indispensable na miña vida.

Realmente,  considero imprescindible o uso destas tecnoloxías no meu día a día. Emprégoas para traballar, para o meu ocio persoal, para estudar ou para me comunicar, polo que no que a min respecta, as novas tecnoloxías parécenme das cousas máis útiles e importantes que a nosa sociedade inventou. Ademáis, creo que o uso das tecnoloxías salváronme en parte da cuarentena. Vivindo nun piso pequeno sen posibilidade de saír a calle, o feito de poder comunicarme cos meus amigos, ver seeries e películas ou xogar a algo fixeron algo máis levadeiro o peche.



Eu son Alberto, e a miña relación coa tecnoloxía na escola foi prácticamente inexistente.





Estudei no CPI de Pontecesures, onde os recursos tecnolóxicos eran escasos, máis aló dun aula de informática con poucos ordenadores e bastante obsoletos. Logo había algunhas clases con proxector, pero utilizábase moi pouco. 
Na miña casa non houbo ordenador ata que eu tiven 12 ou 13 anos, pero non o utilicei demasiado para tarefas de clase máis aló dos procesadores de texto ou presentacións, xa que non tiña internet.

Logo comecei o bacharelato no IES Camilo José Cela de Padrón, onde xa había algo máis de recursos. Nas aulas había proxectores e un ordenador que utilizaba o profesor. Era bastante recurrente que nos puxeran vídeos, presentacións ou documentais para apoiar as explicacións. Tamén había un aula de informática na que tiñamos (de optativa) a materia de TIC.

A partir desta etapa, xa comecei a usar teléfono móbil a diario, empezaron a normalizarse as tarifas de internet e comecei a depender cada vez máis del. Tamén se puxo internet na miña casa, algo que fixo máis accesible a información. 
Penso que é importante educar nas novas tecnoloxías e normalizar o seu uso, pero é moi complicado facelas chegar a todas as persoas nos seus fogares. Hai que adaptar dende as institucións este cambio á era dixital á realidade das familias, que poden ter poucos recursos, ter unha limitada conexión no rural, e moitos outros factores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Infografía