lunes, 15 de febrero de 2021

Maite Sierra - Presentación

 



Chámome Maite, teño 37 anos e aínda que vivo en Pontevedra,  son dunha pequena aldea que pertence ó concello de Campo Lameiro. 

Levo anos taballando como técnico de aduanas pero fai xa algún tempo decidín facer un cambio na miña vida e tentar adicarme a aquilo que verdadeiramente me apaixona, por iso estou estudando Educación Primaria.  

Adoro viaxar; xa sexan grades aventuras onde se da un cambio de cultura ou simplemente descubir un sito novo, unha paisaxe bonita aquí pertiño. 

Gústame ler, os festivais, o cine e o teatro, actividade que practiquei durante algún tempo e que supoño me axudou a mellorar algo a miña timidez. E non sei se está relacionado ou non, pero sen dúbida a miña data favorita do ano é entroido, encántame disfrazarme!

Por último falarvos do meu gusto pola música. Son pandereteira e bailadora, estou namorada da nosa terra, da nosa cultura, da nosa tradición. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Infografía