martes, 23 de febrero de 2021

Xabier Soutullo - Presentación

Hola a todos e todas, o meu nome é Xabier, teño 20 anos e son de Vigo, aínda que actualmente resido en Pontevedra debido aos meus estudos. Non é a miña primeira experiencia universitaria, xa que o ano pasado comecei a cursar Dereito na Universidade de Santiago.

A importancia que para min ten a docencia, fixo que decidise escoller este camiño. Axudar a nenas e nenos a que tomen as mellores decisións posibles e colaborar na súa educación para que se desenvolvan da mellor maneira posible, paréceme unha das actividades máis importantes que ten que realizar o ser humano.

O deporte ocupa moito do meu tempo libre, tanto velo como practicalo. Levo 14 anos xogando ao balonmán, a miña maior paixón, e co cal vivín as mellores experiencias que recordo no pouco que levo de vida. Dende hai uns anos tamén adestro nenos, o que potenciu o meu interés pola docencia. 

Unha das asignaturas pendentes que teño é viaxar máis. Encantame coñecer novos lugares e novas culturas, mais a pouca dispoñibilidade de tempo sumado a outros factores impiden que non poida realizar todas as viaxes que me gustarían. 

Polo demais son un rapaz normal. Quedar cos meus amigos, ver series ou ler son outras das actividades que me gustan. Se tivese que destacar algo de min que os meus coñecidos descoñecen maís, sería o gusto por probar gastronomías doutros países, como parte do meu interés pola diversidade cultural. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Infografía