VitaminaB4
viernes, 14 de mayo de 2021
Secuencia didáctica
Bos días a tod@s!
Hoxe deixamos por aquí o enlace a nosa secuencia didáctica, na cal atoparedes tres das actividades realizadas ao longo do cuatrimestre.
Pinchade no link para obter a información.
https://docs.google.com/document/d/1k3L9PEvv_yM08hcoCHbNNheKoY61vI5jslVEuFk1ujA/edit
A avoa Ramona
Hoxe queremos ensinarvos o proxecto STEAM feito co Beebot no que estivemos traballando.
Gustaríache acompañala e axudala?
Que irá mercar?
Non tes curiosidade?
Co rico que cociña a avoa eu morro por saber e por probar o que fará! Se ti tamén tes curiosidade, clica no video e desfruta do contido.
martes, 20 de abril de 2021
Os xogos "Movidos"
Estes días andivemos a pensar na maneira de practicar algo máis de actividade física diariamente. Porque xa todos sabedes dos moios beneficios que ten a práctica dunha actividade física moderada na nosa vida, non?
Se non é así, podedes ver o seguinte vídeo para facervos unha idea.
Pois ben, logo de moito cavilar e cavilar .....
Deixámosche a continuación o enlace a unha páxina onde atoparás toda a información e unha gran recopilación de xogos dinámicos. Mira detidamente na pestana de recursos.
E así, dun xeito sinxelo e divertido daraslle algo máis de movemento ó teu día!
Que te divirtas!
martes, 9 de marzo de 2021
Wordwall
Educaplay
Hoxe queremos compartir con vos dúas actividades moi sinxeliñas relacionadas como sempre cós hábitos saudables. Foron creadas para o alumnado de terceiro de primaria dentro da área de ciencias naturais.
Esta primeira trátase dunha sopa de letras na que deberedes atopar as palabras que se vos indican. Cóñededes o seu significado? Saberíades poñer exemplos? Xogade e comentáde cos compañeiros e coa familia!
Atopa os nutrientes
jueves, 25 de febrero de 2021
A nosa relación coa tecnoloxía
Eu son Maite, a maior do grupo, e teño que recoñecer que a tecnoloxía en xeral non se me da demasiado ben.
Sen dúbida a tecnoloxía trouxo moitas vantaxes ás nosas vidas, unha delas é o acceso á información dunha maneira rápida é sinxela, eu de cativa pasaba horas buscando en enormes enciclpedias o que agora atopo con unha sinxela búsqueda en Google.
Eu son Alberto, e a miña relación coa tecnoloxía na escola foi prácticamente inexistente.
-
Chámome Maite, teño 37 anos e aínda que vivo en Pontevedra, son dunha pequena aldea que pertence ó concello de Campo Lameiro. Levo anos ...
-
As novas tecnoloxías son parte do noso día a día, e pouco a pouco van ocupando moitos dos ámbitos da vida das persoas. No caso da educación...